miércoles, 15 de mayo de 2013

                             Os  felinos


Os felinos son os mamíferos cazadores máis sixilosos. A maioría consume exclusivamente carne que a capturan coas súas afiadas garras.Entre as características máis importantes dos felinos hai que destacar que:
Son mamíferos carnívoros, na súa dieta non se inclúe ningunha substancia vexetal.
Son depredadores moi especializados.
Os colmillos están tan desenvolvidos que poden matar as súas presas dunha dentada.
A maioría teñen uñas que retraense.
Moitos deles teñen ollos ben desenvolvidos e ven ben tanto de día coma de noite.